POST DO TEMA 5
TEMA 5: O DESEÑO CURRICULAR BASE PARA AS LINGUAS ESTRANXEIRAS
Dossier
Durante as primeiras sesións da materia As linguas estranxeiras no contexto español e internacional do Mestrado de formación do profesorado traballamos sobre os contidos do Tema 5: O deseño curricular base para as linguas estranxeiras que presenta a LOMLOE para ESO, o Bacharelato, a FP e as Ensinanzas de idiomas de réxime especial.
Unha das primeiras actividades que fixemos foi unha nube de ideas con Wooclap para refrescar os elementos do currículo. Wooclap é unha ferramenta pedagóxica en liña que, malia que non coñecía antes, pareceume moi útil e engadina ao meu repertorio de ferramentas para empregar nas aulas.
Tamén mencionamos as diferentes tipoloxías de avaliación e as competencias clave definidas pola LOMLOE. Estas cuestións non nos resultaron moi alleas posto que xa as trataramos noutra materia anterior do Mestrado.
Para realizar a primeira tarefa sobre As linguas estranxeiras no currículo do bacharelato nos obxectivos da etapa, nos principios pedagóxicos da etapa, na atención á diversidade, nas competencias clave e nos descritores operativos e nas orientacións pedagóxicas, traballamos en minigrupos. Para preparar o contido do traballo creamos nun documento compartido de Google no que o docente nos ía poñendo as indicacións pertinentes para seguir polo bo camiño. A continuación, o que fixemos foi crear unha presentación tipo Google Slides para esquematizar o contido do noso traballo e crear o apoio visual da nosa posterior presentación diante do resto da aula. Alén do contido do tratamento das linguas estranxeiras no currículo do bacharelato, na nosa presentación tamén debiamos tratar outros puntos que nos fixeron reflexionar bastante sobre o noso proceso de aprendizaxe. Estes puntos foron: as competencias que mobilizamos para realizar o traballo (a competencia persoal, social e de aprender a aprender, a competencia dixital e evidentemente a competencia e comunicación lingüística); a metodoloxía que empregamos (aprendizaxe cooperativa, xa que traballamos en equipa e cada persoa tivo un papel determinado para lograr o obxectivo, e a aprendizaxe baseada en proxectos, posto que adquirimos novos coñecementos e competencias mediante a elaboración do proxecto); os criterios de avaliación (empregando unha grade de avaliación) e a nosa propia autoavaliación, o que nos obrigou a pararnos a pensar e reflexionar sobre o noso traballo e posterior presentación. Se son sincero debo dicir que coido que realizamos un bo traballo xa que rendemos ben traballando en equipo e sentímonos cómodos, tanto eu coma a miña compañeira e o meu compañeiro.
Após de realizar a nosa presentación, tivemos que facer unha co-avaliación e avaliar a outro grupo da clase. Isto fíxonos reflexionar sobre o traballos do resto e ser críticos tendo en conta os criterios que mencionei máis arriba.
Seguindo co temario, tocaba entrar no currículo das Escolas Oficiais de Idiomas. Para iso fixemos unha actividade Think, pair and share sobre o que sabiamos ou, máis ben, sobre o que non sabiamos e nos gustaría saber. A continuación fixemos unha actividade Kahoot sobre o as ensinanzas de idiomas de réxime especial a modo de introdución para írmonos metendo no contexto da tarefa 2. Dita tarefa trataba sobre as ensinanzas de idiomas de réxime especial no currículo da LOMLOE en Galicia. Para iso, a clase estaba repartida de novo en minigrupos. Eu traballei coas mesmas persoas que para a primeira tarefa e nesta ocasión tivemos que tratar a organización do nivel C1 e a administración das probas de certificación, para o que tivemos que empregar o currículo da EOI, o DECRETO 81/2018, do 19 de xullo. Desta vez traballamos todos os minigrupos xuntos nun documento compartido de Google Slides, de xeito que a medida que iamos enchendo as diapositivas, fomos creando unha presentación completa sobre o tema. Logo, cada grupo tivo que presentar diante do resto da aula a parte do traballo que lle tocara traballar. Así, creamos entre todos unha idea xeral bastante clara sobre o tema.
Diario
A pesar de que este tema 5 inclúe cuestións que xa estudara noutra materia anterior do Mestrado, gustoume volver a traballar co currículo xa que eu veño dun mundo bastante alleo a estes documentos lexislativos e custoume bastante comezar a traballar con eles. Como xa comentei, a tarefa 1 fíxonos traballar co currículo, «diseccionalo» e analizalo, polo que me pareceu un moi bo traballo de achegamento a este documento, e máis concretamente ao tratamento das linguas estranxeiras nos diferentes aspectos e nos diferentes currículos vixentes, tanto no traballado polo meu grupo, o de Bacharelato, como nos outros cos que traballou o resto da aula: os currículos da ESO e da Formación Profesional. Nesta tarefa traballamos coa autoavaliación e coa co-avaliación: certo é que non estamos afeitos a realizar este tipo de reflexións, pero foi moi enriquecedor poder valorar a outro grupo e tamén escoitar non só ao grupo que nos avaliou, senón tamén as reflexións e comentarios que foron facendo todos os grupos. Isto fíxome pensar en que eu, como alumno, nunca concibira unha avaliación diferente á heteroavaliación xa que nunca antes a empregara nas aulas.
Na tarefa 2 valorei moito o feito de traballar cun Google Slides compartido entre toda a clase, xa que tampouco fixera algo así antes e pareceume unha actividade interesante e enriquecedora para o traballo en grupo.
En canto á actividade Kahoot, debo dicir que nas miñas experiencias como docente empreguei con bastante frecuencia esta ferramenta porque coido que motiva ao alumnado, aínda que ben é certo que de cando en vez, como docentes, debemos controlar a situación xa que xera ansiedade e pode derivar en rivalidade. Desta vez, de novo como alumno, gustoume facer esta actividade introdutoria sobre as competencias de cada institución nos idiomas de réxime especial malia que sentía que había moita información que non coñecía, polo que me custou seguir o ritmo. Debo dicir que non coñecía as Escolas Oficiais de Idiomas máis que de oídas, polo que non coñecía nin o seu funcionamento nin como estaban reguladas, polo que considero que ese foi o motivo polo que me custou seguir a clase.
¡Hola, Pablo!
ResponderEliminarGustoume moito a túa entrada e concordo coa maioría das ideas que están expostas nela. Chamoume a atención un tema sobre o que eu tamén reflexionei, que é o uso do Kahoot. Todos e todas coñecemos as vantaxes desta ferramenta, como a posibilidade de ofrecer unha clase amena, dinámica e divertida, e de utilizala en grupos ou individualmente.
Como dixo Gonzalo na clase e mencionaches ti no Blog, tamén hai que ter en conta ás desvantaxes deste tipo de exercicios, como a ansiedade, a competitividade, que poden levar a contestar preguntas ao chou e non aprender. Na miña opinión, existe á posibilidade de previr isto (ou, polo menos, mitigalo) á hora de utilizalo na aula. Isto pódese facer mediante pequenas modificacións, como xa saberás, ao habelo empregado como docente. Así, pódese adaptar á conta atrás aos coñecemento do alumnado, establecendo un maior ou menor tempo de resposta. Tamén é interesante deixar entre pregunta e pregunta un tempo de reflexión preguntando en voz alta “¿Por qué ou por qué non esta resposta?”, ou ao mellor inserir algunha diapositiva explicativa. Ademais, creo que o feito de facelo en grupos axuda á reflexión e pode mellorar as respostas do alumnado.
Ola, Pablo! Considero que redactaches e resumiches moi ben esta sesión. Estou de acordo contigo na maioría dos puntos vistos na aula. Creo que grazas a esta clase poidemos ter un contacto máis doado coas programacións didácticas, xa que nun principio, presentáronnolas dun xeito moi drástico; o que provocou que non tivésemos todos os conceptos ben organizados. Moi ben, compañeiro. Saudiña!
ResponderEliminar¡Hola Pablo!
ResponderEliminarMe ha gustado mucho tu entrada y opino prácticamente como tú. Yo también soy una persona que no estaba acostumbrada a trabajar con este tipo de textos legislativos y al principio no sabía ni dónde meterme, pero creo que volver a ver la LOMLOE nos ayudó a reforzar algunos conocimientos que ya habíamos adquirido con alguna materia anterior.
Leyendo tu entrada me doy cuenta de que a lo largo de toda mi etapa educativa nunca había trabajado con la co-evaluación o la autoevaluación hasta ese momento, ya que siempre se empleaba la heteroevaluación y la verdad es que cuando ejerza como docente tengo muy claro que las emplearé, creo que es una muy buena forma de aprender y ver todo con una mejor perspectiva.
😊
¡Hola Pablo!
ResponderEliminarMe gustó mucho este artículo y tu reflexión sobre lo que hicimos en clase. Al igual que tu y muchos otros estudiantes, nunca he hecho una autoevaluación de mi trabajo, y esto es realmente deprimente! Porque la autoevaluación puede ayudar a muchas personas a sobrellevar el llamado "síndrome del impostor", porque nos permite abordar de manera más constructiva nuestras fortalezas y debilidades.
Hablando de Kahoot!, personalmente siempre me siento bastante incómoda cuando tengo que hacer este tipo de tareas en un idioma extranjero. Aunque esta plataforma te permite dinamizar la lección, creo que no es una herramienta a la que deberíamos recurrir de forma permanente.
Además, me gustaría apoyarte en el manejo de documentos relacionados con la legislación, también me resultó bastante difícil analizar una cantidad tan grande de información en un lenguaje académico tan complejo... Sin embargo, la presentación de su grupo me pareció muy clara y útil! Gracias por tu trabajo!
🤗