Didáctica Tema 1


TEMA 1: SITUACIÓNS VARIÁBEIS DE ENSINO DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Nesta nova entrada falaremos sobre as sesións que tivemos na materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, co profesor Gonzalo Constenla. Esta primeira unidade da materia leva por título Situacións e variables de ensino das linguas estranxeiras. Neste tema tratamos aspectos sobre o proceso de ensino-aprendizaxe nas que eu nunca pensara, como pode ser o repertorio lingüístico de cada persoa ou a comunidade lingüística e a de lingua. Alén diso, tamén tratamos as diferentes situacións do ensino das linguas estranxeiras, aprendemos a deseñar diagramas de Venn e traballamos en grupos as diferencias e similitudes que presenta o proceso de adquisición da lingua inicial (materna) e da lingua estranxeira, así como a crear Placemats para traballar en grupo e chegar a conclusións ou a un produto final.


      

Diagrama de Venn


Na primeira sesión (que durou dúas horas escasas en lugar de catro) traballamos por grupos con diagramas de Venn, en concreto con overlapping circles, xa que estes diagramas poden presentar diferentes formas. Estes gráficos adoitan ser empregados para ilustrar unha relación entre dúas ou máis ideas que poden ter algo en común: a adquisición da lingua materna e a lingua estranxeira no caso do noso exercicio. Para isto, o que fixemos foi debuxar dous círculos con unha «área común» e nun deles escribimos as características da lingua inicial, (concretamente en termos da súa adquisición) e no outro as características de da lingua estranxeira. Nesta «área común» metemos as características que considerabamos que eran propias da adquisición ambas as dúas linguas. 


A verdade é que me pareceu unha actividade ben interesante xa que cando comezamos non tiñamos moi claro como facela pero ao final fomos quen de completar bastante o diagrama con cousas ben acertadas.




Ademais, despois de que cada grupo realizase o seu diagrama, fómolos poñendo en común entre todo o grupo e houbo aportacións moi boas e puidemos reflexionar de maneira conxunta sobre a adquisición da lingua inicial e das linguas estranxeiras. 


Malia que como estabamos traballando coa adquisición das linguas nos niveis iniciais, tamén falamos algo da transferencia dunha lingua a outra, é dicir, de empregar unha lingua para a completar outra. Aquí, se falamos só de niveis iniciais non hai transferencia da lingua estranxeira á lingua inicial pero se é noutra fase si, algo que resulta moi curioso e que pode darse despois de estar expostos ou expostas á lingua estranxeira durante un período longo.

 

Na segunda sesión deste primeiro tema creamos un placemat en grupos para poder responder a diferentes preguntas sobre as linguas que se empregan actualmente na Unión Europea, en diferentes multinacionais e en contextos máis cotiás como poder ser unha profesora co seu alumnado. En primeiro lugar respondemos ás preguntas de maneira individual, máis tarde puxémolas en común entre o grupo e puxémonos de acordo para encher o lugar central do noso placemat e por último debatemos entre toda a clase as respostas. Gustoume moito esta actividade e falamos sobre os seus posibles usos na clase de lingua estranxeira, como a obtención dun produto como resultado dunha situación de aprendizaxe (podería ser un póster, un vídeo, unha infografía...). Velaquí o noso resultado (spoiler alert: non atinamos moitas das preguntas):




Na segunda parte da segunda sesión falamos sobre o repertorio lingüístico. Fixémolo de xeito piramidal: en primeiro lugar cada persoa creou o seu propio repertorio lingüístico empregando unha grade que nos proporcionou o profesor para poñer en dúas cores diferentes en función de se o noso nivel de coñecemento da lingua é activo ou pasivo e en que nivel nos atopamos. Ao principio estabamos algo confusos xa que non entendiamos en que parte da táboa tiña que ir cada elemento e en que orde, pero pouco a pouco pillámoslle o truco. Ademais, non indicamos soamente as linguas, senón tamén as variedades e os elementos lingüísticos, polo que elaboramos un repertorio lingüístico persoal moi completo. A continuación xuntámonos en grupos de 4 ou 5 persoas para crear, a partir do noso repertorio persoal, o repertorio lingüístico común do grupo e para rematar fixemos o repertorio lingüístico total do grupo nun documento de Google Drive, tal e como facemos de costume con Gonzalo, para facer a posta en común total de todos os repertorios persoais do grupo.


Foi unha boa actividade para poñer en común os nosos repertorios lingüísticos e mesmo reflexionar no tema da lingua galega, xa que por exemplo eu indiquei que empregaba a variante da lingua galega do bloque central norte, pero as miñas compañeiras indicaron a súa variante e démonos conta de que cada unha de nós pertencía a unha zona diferente e foi curioso, deunos para falar sobre o tema. 

 

Aquí vos deixo o meu repertorio lingüístico persoal e a continuación o total da clase:







Xa para concluír, gustaríame dicir que este pareceume un bo tema introdutorio da materia de Didáctica xa que nos permitiu ter unha visión xeral dos elementos que forman parte da adquisición tanto da lingua inicial como das linguas estranxeiras, facer a distinción entre lingua habitual, lingua de traballo, lingua vehicular... Así como empregar novos métodos como o Diagrama de Venn ou o placemat e seguir traballando de maneira cooperativa. Coido que conseguimos crear unha boa dinámica de traballo na clase e así faise máis doado traballar e facer as postas en común.

 

E como se acostuma dicir... acabouse o que se daba. Até aquí as miñas entradas neste blog para as asignaturas do mestrado. Debo dicir que malia que ao principio non me gustaba a idea de ter que empregar este formato de portfolio finalmente admito que me acabou gustando tanto facelo como ilo actualizando. Agora boto a vista atrás e vexo todas as entradas que fixen tanto para a materia de Innovación, de Contexto e de Didáctica e faime reflexionar sobre todo o que traballamos nestas materias ao longo do curso e todo o que aprendemos. O feito de ter que redactar nunhas cantas palabras (800-1000 ao principio parecen moitas pero cando te pos a escribir, reflexionar e sacar conclusións ás veces até se quedan curtas) os contidos e as tarefas que iamos vendo e realizando nas aulas axudoume, principalmente, a comprender e dixerir os contidos e reflexionar sobre a aplicación práctica que terán eses últimos na miña futura labor docente. Estou seguro que o empregarei para máis cousas nun futuro.




Comentarios

  1. Ola, Pablo! Estou totalmente de acordo contigo. Creo que todas as actividades que realizamos son aplicables ás nosas aulas. Pero si debo confesar que a práctica do repertorio lingüístico realizouse para entender este concepto. Saudiñas :)

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Ola, Pablo! Pareceume moi interesante a túa achega sobre a transferencia, honestamente non lembraba que falaramos diso na aula. Respecto das actividades, tamén considero que a actividade do repertorio lingüístico deunos para reflexionar que non temos as mesmas variedades lingüísticas nin o mesmo nivel de linguas activas nin pasivas. Por outra banda, agradecín que fixéramos actividades tan sinxelas sen usar ou apenas (polo Google Doc) recursos tecnolóxicos constantemente. Saudiña!

    ResponderEliminar
  4. ¡Hola Pablo! Primeramente decir que me ha parecido muy interesante tu entrada puesto que considero que presenta una estructura clara, coherente y sencilla de leer y entender. Estoy de acuerdo contigo en que la actividad que consistía en la realización de un diagrama de Venn, fue muy interesante. Personalmente, yo tampoco tenía muy claro si haciéndolo iba a salir algo coherente, pero al final comprobamos que el resultado fue más que satisfactorio, obteniendo en un área las características de la adquisición de la lengua inicial, en otro área las de la lengua extranjera y en el medio, las características de la adquisición de ambas lenguas. Desde luego, como tú bien dices, fue una actividad que nos sirvió para reflexionar. También es muy interesante la mención que haces sobre la transferencia lingüística. Un ejemplo muy claro que tenemos de ella es cuando por ejemplo un gallego se va de vacaciones a Madrid, ciudad en la que se habla con tiempos compuestos, este acaba asimilando esos tiempos verbales y los acaba reproduciendo él mismo.

    Muchas gracias Pablo por tu entrada y por tus reflexiones. ¡Saludos!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares